Os Edublogs

OS EDUBLOGS

QUE É UN EDUBLOG?

Para non comezar a polo tellado, para comprender ben o concepto de edublog, primero debemos comezar por entender o que é un blogue.

Un blogue é un sitio web no cal se publican unha serie de contidos acerca dun tema concreto en forma de artigos en orde cronolóxica, que contan cun espazo reservado para as opinións nomeado "comentarios".

Un edublog é un tipo de blogue adicado exclusivamente á educación, e cuxo claro obxectivo é apoiar o proceso de ensinanza nun contexto educativo

VANTAXES DOS EDUBLOGS. 

  • Flexibilidade de estilos.
  • Actualización e revisión constante.
  • Contruír coñecemento de forma colaborativa.

FERRAMENTAS PARA A CREACIÓN DUN BLOGUE.

 

BLOGGER. 

É unha plataforma gratuíta, para a cal podes empregar a túa conta de Google para crear blogues, tendo a opción de compartilo con outras persoas para a súa edición simultánea.

Con esta plataforma podemos modificar as plantillas, o tipo de texto, insertar imaxes, gadgets, vídeos, etiquetas, permite engadir                           comentarios.


WORDPRESS.

Esta plataforma presenta unha versión limitada gratuíta e outra máis extensa que presenta unha gran variedade de opcións na versión de pago.

Ao ser unha aplicación máis complexa, emprégase máis á hora de publicar artigos periodísticos. 

MEDIUM.

É unha plataforma creada polos/as mesmos/as emprendedores/as que Twitter e consiste nunha plataforma gratuíta onde calquera persoa pode escribir nos seus artigos a información que desexe.

CAL É O USO DESTE BLOGUE?

Pretendemos utilizar este blogue como ferramenta educativa, informativa e comunicativa. A través desde blogue, compartiremos as actividades que iremos realizando ao longo do curso escolar, ao mesmo tempo que aceptaremos todas aquelas opinións que se nos comuniquen a través dos comentarios.

Ademais, tamén poderíamos empregar esta plataforma para subir as clases, debido a que nesta época de coronavirus, con todos os confinamentos que houbo, non suporía ningún problema para ao alumnado quedar na casa, xa que calquera dúbida sería resolta a través dos comentarios.

Bibliografía empregada.

Lara, T. (2005). Blogs para educar. Usos de los blogs en una pedagogía constructivista. Telos, 65(2), 86-93. https://www.researchgate.net/publication/28109410_Blogs_para_educar_Usos_de_los_blogs_en_una_pedagogia_constructivista


Comentarios

Entradas populares de este blog

Realidade Aumentada

Gamificación