Realidade Aumentada

 A realidade aumentada (RA)  é unha tecnoloxía que permite superpoñer elementos virtuais sobre a nosa visión da realidade. Permítenos engadir capas de información visual sobre o mundo real, o noso entorno, empregando a tecnoloxía, dispositivos como poden ser os móbiles ou una tablet.

A RA abre moitas posibilidades en comparación con outras tecnoloxías. Esta encárgase de equiparar o mundo real e o virtual, interactuar en tres dimensións e ademáis tamén se pode en tempo real.

A gran maioría das persoas xa probaron este tipo de tecnoloxía, posto que son moitas as empresas que a utilizan, sobre todo, as empresas dedicadas aos xogos. Mesmamente en Ikea existe unha app chamada Ikea Place. Con esta aplicación o proceso de compra cambia completamente, xa que a través dunha pantalla poderemos visualizar a nosa compra na nosa propia casa. 

Edmunds é otra aplicación que emprega a realidade virtual. Esta consiste en visualizar en tres dimensións o coche que queres mercar, o que tamén facilitaría a compra.

Céntrandonos no ámbito educativo, a páxina web www.ayudaparamaestros.com subiu unha entrada na que nos indica dezasete aplicacións de realidade aumentada para aplicar nas aulas. Un exemplo delas serían as seguintes:

  • Body Planet: os nenos e nenas aprenderán o corpo humano dunha forma máis interactiva, dinámica e sobre todo real. Poderan comprender e interiorizar moito mellor os conceptos grazas a esta competencia.
  • Zookazam: con esta app os nenos e nenas aprenderán os animais dunha forma moi real, como se os tiveran diante. Isto potenciará o seu interese e motivación, ademais de mellorar o proceso de aprendizaxe.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Os Edublogs

Gamificación