Privacidade, sharenting e dereito ao olvido


 PRIVACIDADE, SHARETING E DEREITO AO OLVIDO


Estar conectados a Internet é parte do noso día a día, mas debemos saber que antes das nosas redes sociais temos que antepoñer a nosa privacidade como seres humanos. Por iso, se analizamos esta foto, poderemos ver que estamos totalmente controlados e que debemos loitar polo noso dereito á intimidade e á privacidade. 

Para conseguir isto tamén debemos ser conscientes de que todo o que subamos queda na nube e pode causar consecuencias negativas para o noso futuro tanto laboral coma social.




A educación dixital é un factor moi importante para a educación global do alumnado, xa que estes pasarán a ser o futuro tecnolóxico e o futuro da navegación en redes. Ademais así avanzaremos nos nosos proxectos tecnolóxicos a través de nocións que a educación lle garantiza ao alumnado máis novo neste mundo. Cabe destacar que tambén é importante a necesidade do coñecemento das bases tecnolóxicas, ademais do seu correcto funcionamento e de todas as súas trabas. Unha ensinanza de como poder defenderse neste mundo do que falamos é necesaria para así poder garantizar de forma individual e grupal a seguridade dos máis vulnerables e pouco críticos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Os Edublogs

Realidade Aumentada

Gamificación